Escaneas a etiqueta e a ficha énchese soa
Trazea dixitaliza a trazabilidade APPCC da túa cociña. Fotografías a etiqueta do provedor e xérase a ficha co lote e a caducidade, sen teclear. O que antes levaba 20 minutos ou máis, agora son uns 3.
Dúbidas? Escríbenos por WhatsApp ou deixa a túa consulta
Tamén dispoñible en castelán
Establecemento piloto
Pulpería La Isla: seis meses de uso real
Datos da súa conta, 24 xan – 5 ago 2026 · Galicia
- fichas de trazabilidade
- 1.525
- etiquetas escaneadas
- 445
- conxelacións rexistradas
- 85
- desconxelacións rexistradas
- 274
Nota: Alberto, fundador de Trazea, é socio do local. La Isla usa Trazea de balde como tester conforme ao contrato presocietario. Son datos de uso, non resultados comerciais nin unha validación independente.
Tamén o usa Coalla. En total, Trazea xa suma máis de 2.500 fichas en negocios reais de Galicia e Madrid.
Tres pasos, e xa está
1Paso 1
Fotografía a etiqueta
Colles o móbil e fotografías a etiqueta do provedor. Non hai que teclear nin o lote nin a caducidade.
2Paso 2
Revisa o que leu
A app amosa o lote e a data que detectou para que os confirmes ou os corrixas. Son os dous campos que mira o inspector.
3Paso 3
A ficha xa está feita
Queda gardada co seu lote, a súa caducidade e os seus alérxenos, e podes imprimir a etiqueta térmica de 62×50 mm.
Por que Trazea
Sen obxeccións da Xunta de Galicia
O Servizo de Seguridade Alimentaria da Xunta de Galicia non formula obxeccións á implantación de Trazea como ferramenta de apoio ao autocontrol sanitario, sempre que non substitúa os sistemas APPCC nin as inspeccións oficiais e cumpra a lexislación aplicable. (Informe REF CP1-26.)
Feito para produto galego
Etiquetas de lonxa e de cooperativa de marisqueo, pulpo, mexillón de batea, percebe. Formatos que non seguen ningún estándar e que unha ferramenta de fóra non entende.
Datos en servidores europeos
Todo se garda na Unión Europea. Podes exportar ou borrar os teus datos cando queiras, desde a túa conta.
Que di a Xunta de Galicia sobre Trazea
«O Servizo de Seguridade Alimentaria da Xunta de Galicia non formula obxeccións á implantación de Trazea como ferramenta de apoio ao autocontrol sanitario, sempre que non substitúa os sistemas APPCC nin as inspeccións oficiais e cumpra a lexislación aplicable.»
Informe dispoñible baixo petición. hola@trazea.es
Non é unha aprobación, certificación nin homologación. Trazea non substitúe o teu APPCC nin as inspeccións oficiais: dixitalízao.
Un só plan, sen sorpresas
39,90 € ao mes ou 399 € ao ano, máis IVE.
Usuarios ilimitados e sen permanencia. Antes de pagar nada, próbao 14 días de balde desde a app.
Os primeiros 20 clientes pagan a metade. Para sempre.
Mensual
19,95 €/mes + IVE
Prezo público 39,90 €−50 %
39,90 €/mes + IVE
Anual · 2 meses de balde
199,50 €/ano + IVE
Prezo público 399 €−50 %
Equivale a 16,63 € ao mes.
399 €/ano + IVE
Sen tarxeta para comezar, e sen códigos que copiar: o 50 % xa aparece aplicado na páxina de pagamento. Despois dos 20 primeiros, o prezo é o público e ninguén pagará menos. Se estás entre os 20 primeiros e pagaches sen o código, escríbenos e aplicámoscho.
